O consorcio de augas do Louro constrúe un novo depósito de auga potable no Barrio do Monte en Caldelas, Tui

Publicado por o día 23/03/2017 na sección de Galicia,Mos,Tui,Vigo

O consorcio de augas do Louro constrúe un novo depósito de auga potable no Barrio do Monte en Caldelas, Tui

O Consorcio de Augas do Louro ven de poñer en funcionamento recentemente un novo depósito de auga potable en Caldelas, Tui.

A inversión, realizada con fondos propios do Consorcio, resolve unha demanda dos veciños do Barrio do Monte que se remonta a 2011 e que non puido ser executada ata agora por falta de dispoñibilidade dos terreos e da correspondente partida orzamentaria.

A obra, que ascendeu a preto de 60.000 euros, ten unha capacidade de 33000 litros e permitirá garantir a subministración de auga especialmente durante o verán, xa que o incremento de consumo nesas datas e a distancia do barrio á rede principal do Concello, dificultaba a chegada de suficiente caudal de auga, especialmente durante o día.

A actuación inclúe a adaptación das canalizacións de aceiro inoxidable, do grupo de presión existente para que tome auga do depósito, do cadro eléctrico e a instalación de sondas de nivel e de presión que permitirán o funcionamento automático da instalación.