Constatan o avance a bo ritmo das obras da cidade da Xustiza da cidade olivica

Sinala que, pese a crise sanitaria e económica, nestes intres están a executarse en Vigo catro grandes obras; a estación intermodal, as melloras no hospital Meixoeiro, o novo centro de saúde de Bouzas e o novo albergue de peregrinos
Publicado por o día 09/12/2020 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Constatan o avance a bo ritmo das obras da cidade da Xustiza da cidade olivica

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe unha xuntaza co arquitecto da Cidade da Xustiza, Alfonso Penela, con quen tivo a oportunidade de avaliar a construción desta infraestrutura xudicial que, tal e como recordou, “é a máis importante da historia da Comunidade”.

Así, Fernández-Tapias e Penela constataron o bo ritmo dos traballos de construción no antigo Hospital Xeral. Segundo recordou a representante autonómica esta infraestrutura, que conta cun investimento de máis de 40 millóns de euros e 44.000 metros cadrados -duplicando a superficie xudicial actual-, acollerá 37 unidades xudiciais -con espazo para outras 20, en caso de futuras ampliacións-; e a medio milleiro de profesionais da administración xudicial que contarán ademais cunha gardería con 40 prazas.

Asemade, Fernández-Tapias indicou que, pese a crise sanitaria e económica, o Goberno autonómico está a executar en Vigo catro grandes obras ás que se lle da continuidade nos orzamentos de 2021, cunha inversión de 143 millóns de euros na cidade. Partidas moi importantes que amosan o compromiso do Executivo galego co crecemento económico e social da cidade, como a Cidade da Xustiza, a Estación Intermodal, o Centro de Saúde de Bouzas e o Albergue de Peregrinos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.