Constitución da mesa de negociación do convenio do metal da provincia de Pontevedra

Na dita mesa haberá vinte e catro representantes, repartidos ao 50% para as organizacións patronais (ASIME, ATRA e Instalectra) e sindicais (CCOO, CIG e UGT)
Publicado por o día 06/02/2017 na sección de CC.OO,Galicia,Pontevedra,Sindicatos,Vigo

Constitución da mesa de negociación do convenio do metal da provincia de Pontevedra

Este xoves, día 2 de febreiro, quedou constituída a mesa de negociación co convenio colectivo do sector do metal da provincia de Pontevedra. Na dita mesa haberá vinte e catro representantes, repartidos ao 50% para as organizacións patronais (ASIME, ATRA e Instalectra) e sindicais (CCOO, CIG e UGT). Comisións Obreiras contará con catro membros nesta mesa, o que supón o 16,6% do total. Así mesmo, cada organización poderá contar con dúas persoas que fagan labores de asesoramento.

A primeira reunión de negociación terá lugar de aquí a dúas semanas, concretamente o martes 21 de febreiro, ás 10 h, no hotel Coia (Vigo).

Con carácter previo, a Federación de Industria de CCOO convoca unha asemblea de delegadas de delegados, así como de afiliadas e afiliados do ámbito. A xuntanza será o venres 17 ás 10 h na sede da Unión Comarcal de CCOO de Vigo, na rúa Teixugueiras. Neste encontro debaterase e aprobarase a plataforma reivindicativa para a negociación e procedease ao nomeamento das catro persoas que representarán a CCOO na mesa negociadora.