Constitución e primeiros acordos do Consello das Mareas

O Consello das Mareas ponse en marcha creando a Comisión de Garantías e dúas áreas de actuación.
Por o 28/01/2017 | Sección: En Marea,Política,Vigo
Constitución e primeiros acordos do Consello das Mareas
Compartir en:

As áreas de actuación serán a de Accións Estratéxica, de carácter político, e a Coordinación da Confluencia, que terá carácter organizativo

O Consello das Mareas, órgano de coordinación e impulso do espazo político En Marea, celebrou hoxe a súa sesións constitutiva na que se adoptaron os acordos para a organización e funcionamento do Consello e do espazo político.

  • Creación da Comisión de Garantías, que será o órgano estatutario responsable de velar polos dereitos da participación política.
  • Creación da área de Acción Estratéxica, que terá carácter político.
  • Creación da área de Coordinación do Espazo da confluencia, que terá carácter organizativo e que terá unha división colexiada das responsabilidades entre os membros do Consello.

Unha vez se poñan en marcha as tres áreas, o Consello das Mareas establecerá un calendario para concretar a súa liña política e procederá a escoller a súa Coordinadora nacional e o reparto de responsabilidades