Constitúese a Coordinadora de Recortes Cero en Galicia

Publicado por o día 09/05/2016 na sección de Política,Recortes Cero

Constitúese a Coordinadora de Recortes Cero en Galicia

O pasado sábado 7 de Maio constituíuse a Coordinadora Autonómica de Recortes Cero en Galicia, composta por dezasete membros, con moi distintas traxectorias, e unha parte deles, representantes de diferentes organizacións políticas e sociais moi plurais.

O movemento social e político Recortes Cero presentouse as pasadas eleccións xerais polas 52 circunscricións electorais. Nestes momentos, do mesmo xeito que en Galicia, Recortes Cero ampliou a súa Coordinadora Estatal a 26 membros, así como as coordinadoras autonómicas en todo o territorio español, integrando a representantes de múltiples sectores políticos, sociais, do mundo da ciencia e da cultura.

Durante o ano 2015 Recortes Cero presentouse a nove eleccións autonómicas e ás Xerais, e contou entre os seus candidatos con profesionais como o director de teatro Jorge Eines, os actores Paco Algora e José Antonio Lobato, o teólogo Benjamín Focano, ou científicos como Nahuel Hernández.

Segundo afirma a recentemente elixida coordinadora galega,o obxectivo de este ambicioso proxecto de ampliación e integración das organizacións que forman parte de Recortes Cero, é que o 2016, sexa un ano de expansión do noso programa, que ten como eixo central a Redistribución da Riqueza, “unha alternativa crave fronte ao empobrecimiento da maioría da poboación e a degradación do noso país, cada vez máis intervido política e economicamente por organismos como o Fondo Monetario Internacional e o Banco Central Europeo”

“Recortes Cero é xa unha alternativa en toda España e a ampliación das nosas coordinadoras non fai máis que cubrir unha necesidade froito do noso rápido crecemento.

Necesitamos poder responder os retos que temos por diante. Agora máis que nunca é necesaria a loita solidaria contra os recortes, a organización e a mobilización popular, ao mesmo tempo que somos conscientes de que sen redistribución da riqueza non haberá cambio. E iso é o que Recortes Cero representa”.

PRENSA RECORTES CERO