Constitúese en Vigo a Plataforma de apoio ás marchas do 22M

Publicado por o día 20/02/2014 na sección de CGT,CUT,Esquerda Unida,Política,SF Intersindical,Sindicatos,Vigo

Constitúese en Vigo a Plataforma de apoio ás marchas do 22M

Onte, mércores, tivo lugar en Vigo unha xuntanza para conformar unha plataforma de apoio ás marchas da dignidade dende a nosa cidade e bisbarra.

 Participaron unha ducia de organizacións políticas, sindicais e plataformas cívicas que acordaron conxuntamente o apoio a columna galega das marchas o 22M e coincidiron na necesidade urxente de mobilización popular dende a unidade de todas as forzas politicas e sociais da cidade como única solución para contrarestar o ataque sistemático, e despiadado, co que o capital está a acosar á clase traballadora, e aos máis desfavorecidos.

Ca firme vontade de afondar, dende a unidade, na constitución de unha plataforma reivindicativa, aberta e permanente, en Vigo, que vaia máis aló do 22M, o STEG, a CGT, a CUT, o S.E. o SF-Intersindical, en representación do sindicalismo alternativo vigués, EU/IU, Esquerda Anticapitalista, as XX.CC. e os colectivos Ecoar, DRX, e a Asociación galego-bolivariana Hugo Chávez, que manifestaron telefónicamente a decisión de sumarse á plataforma galega, xunto ca Marcha Mundial das Mulleres (MMM), que asistiu pendente de resolver nos seus órganos de dirección a decisión final de sumarse ou non , concordamos en apoiar a manifestación convocadapolo sindicalismo alternativo para o día 26 de Febreiro que, ás 8 da tarde sairá da Praza de Fernándo o Católico en Vigo, e de concentrar esforzos para difundir os obxectivos das marchas organizándo a columna que, dende Vigo, sairá o día 22 para Madrid, en autocar e/ou en tren.

Terminada a xuntanza se mantivo unha Rolda de Prensa que previamente estaba convocada para ás 12h. Máis información marchasdadignidade.blogspot.com

manifestacion-dignidade-vigo

PRENSA SF NTERSINDICAL