Operarios da empresa que realiza as obras de remodelación de Rolda de Don Bosco tallaron onte os últimos dous cedros que presidían a contorna, xerando un malestar entre veciños e asociacións. O Concello alude aos informes técnicos realizados por expertos que aconsellaban a retirada por razóns de seguridade, ante unha alta probabilidade de caída, e máis nas condicións meteorolóxicas actuais. A situación xerou descontento entre os veciños da contorna, o PP e varias asociacións ecoloxistas da cidade. Incluso unha muller tratou de paralizar a talla. Ante isto, o Concello asegurou a plantación de catro grandes árbores (liquidámbar) de case doce metros, así como 40 magnolios, tres Ginkgo Biloba de 4,5 metros e 22 Glicinias.
Noticias de última hora en Vigo