Contacontos para bebés, ás 17:30h en Libros para soñar

Publicado por o día 28/10/2015 na sección de Cultura

Contacontos para bebés, ás 17:30h en Libros para soñar

Paxariña de papel“, un dos títulos da colección Do berce á lúa para pre-lectores, de Antonio Rubio e Óscar Villán, formará parte do repertorio da sesión especial de contacontos para bebés que se vai celebrar mañá mércores, a partir das 17:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. A entrada, ata completar aforo, é de balde.

Os paxaros, e en especial os pitiños, van ser os protagonistas desta actividade dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade, acompañados dunha persoa adulta. Así, os contos alternarán coas cancións para que o estímulo e o beneficio da lectura sexa máis completo, non só a través da sonoridade das palabras e do colorido das ilustracións, senón a través do ritmo das melodías.

O conto tradicional “O poliño da abeleira“, adaptado por Antonio Rubio e ilustrado por Gabriel Pacheco, e “Onde está o poliño de Rosalía?“, de Pat Hutchins, no que predomina o peso das imaxes sobre o texto, completarán a sesión.

A sesión de contacontos deste venres para público infantil a partir de 4 anos -que comezará ás 18:30 horas- vai consistir nun obradoiro de plástica co lema “Chanzo a chanzo, imos creando”. Ademais, segue aberto o prazo de inscrición no curso de contacontos para adultos que impartirá a actriz e narradora Beatriz Campos dende o luns 16 ao xoves 19 de novembro en horario de 10:30 a 13:30 horas. Está dirixido a educadores e docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.

PRENSA KALANDRAKA