Contar historias a través das redes sociais usando un teléfono móbil

Trabállase principalmente na elaboración do guión
Publicado por o d√≠a 08/05/2019 na sección de Galicia,Universidade de Vigo,Vigo

Contar historias a través das redes sociais usando un teléfono móbil

Hoxe en día hai moitas ferramentas ao alcance de calquera persoa para poder contar unha historia, vender un produto ou transmitir unha idea. A Universidade de Vigo, consciente desta realidade, oferta, por primeira vez, un curso para a creación de contidos audiovisuais para redes sociais usando o teléfono móbil. O obradoiro, inserido na programación do segundo cuadrimestre, comezou o pasado 19 de febreiro e estenderase ata o vindeiro 14 de maio, os martes, en sesións de tres horas co obxectivo de achegar a creación de contidos audiovisuais para redes sociais dunha forma práctica para que todo o mundo poida empregar o móbil coma unha ferramenta de traballo máis.

√Ā fronte deste obradoiro at√≥pase Xoan Mari√Īo, produtor executivo e cultural en Mr. Misto, que insiste en que calquera obra audiovisual, independentemente dos medios cos que se produza, ‚Äúten que ter claro que quere contar, como o quere contar e a quen est√° destinada‚ÄĚ, ¬†por iso o que m√°is se traballa neste obradoiro √© o gui√≥n. En redes sociais, o obxectivo tam√©n √© captar a atenci√≥n de espectadores potenciais e as√≠ obter novos seguidores e seguidoras e para iso hai que partir dun bo gui√≥n, sexa para a promoci√≥n dun produto ou para contar historias, porque ‚Äúmoitas veces non nos paramos a pensar en como temos que enfocar o que imos a contar‚ÄĚ, subli√Īa o docente.

As redes sociais e as s√ļas posibilidades

Actualmente as redes sociais son unha ferramenta orientada sobre todo ao marketing e a publicidade, e ‚Äú neste obradoiro estase a traballar principalmente na promoci√≥n de produto‚ÄĚ subli√Īa Mari√Īo. Non obstante, o emprego das redes como forma de comunicaci√≥n, non s√≥ se restrinxe ao eido publicitario e as√≠, dentro do obradoiro ‚Äúhai persoas que queren facer campa√Īas de sensibilizaci√≥n, concienciaci√≥n ou empregar as redes sociais como ferramentas de divulgaci√≥n cient√≠fica‚ÄĚ, salienta Mari√Īo.

Ao mesmo tempo que se van definindo as ideas e empezando a traballar no gui√≥n de cada proxecto, tam√©n se tratan outros aspectos da creaci√≥n audiovisual. As√≠, nunha das √ļltimas sesi√≥ns puideron sa√≠r a facer unha entrevista co m√≥bil na r√ļa, exercicio do que Mari√Īo se mostra satisfeito ‚Äúsair√°n contidos mellores ou peores, pero tr√°tase de crear e aprender a manexarse coas ferramentas, traballando dunha maneira moi pr√°ctica‚ÄĚ, xa que ¬†o obxectivo do obradoiro √© sentar as bases para que o estudantado poida seguir dedic√°ndose ao proxecto que te√Īen elixido unha vez que remate o curso.

O teléfono móbil coma ordenador

Hoxe en d√≠a os tel√©fonos m√≥biles non deixan de ser un ordenador que cabe na palma da man e ‚Äúque moitas veces pode ser m√°is potente que alg√ļns dos port√°tiles cos que traballabamos hai anos‚ÄĚ, destaca Mari√Īo. Practicamente todo o mundo ten un, pero non todos son quen de sacarlle o m√°ximo rendemento, ‚Äúao final o que a maior√≠a facemos √© chamar, falar, colgar ou escribir por whatsapp‚ÄĚ, subli√Īa o docente, e, neste obradoiro, a idea √© que o alumnado sexa capaz de explotar todas as posibilidades que lles ofrece o seu tel√©fono m√≥bil √° hora de crear contidos para redes sociais.

Instagram, Twitter ou Facebook figuran entre as redes que m√°is se empregan e que po√Īen a disposici√≥n dos usuarios todo tipo de ferramentas para a creaci√≥n de contidos e ademais das propias de cada rede, no curso estase a traballar con outras aplicaci√≥ns de descarga libre, a√≠nda que existen algunhas que requiren de pago para realizar certas acci√≥ns. Non obstante, o docente salienta que ‚Äúcoas ferramentas gratu√≠tas xa temos suficiente marxe como para facer edici√≥n, picar entrevistas, subir contidos e incluso crear subt√≠tulos‚ÄĚ, polo que con poucos medios se poden crear contidos audiovisuais de forma sinxela.

Un curso motivador e moi pr√°ctico

O traballo coas novas tecnolox√≠as e cos novos medios de comunicaci√≥n facilita que as persoas poidan elaborar as s√ļas propias historias e compartilas co mundo. Esta nova forma comunicar √© o que se pretende salientar a trav√©s deste obradoiro, convert√©ndoo nun curso que permite ‚Äúun feedback moi interesante e que √© moi motivador porque se trata de algo pr√°ctico, que o estudantado pode chegar a aplicar no seu traballo cot√≠an‚ÄĚ, salienta Mari√Īo, que tam√©n destaca que o alumnado chegou con moitas ganas de facer e de aprender e cun alto grao de motivaci√≥n e implicaci√≥n.