Contestación ao Sergas deséxalle ao persoal sanitario dos PACs felices pascuas

O xerente do SERGAS quere que todo o persoal sanitario dos PACs teñan unha boa PASCUA.
Publicado por o día 19/04/2019 na sección de Sanidad,Social

Contestación ao Sergas deséxalle ao persoal sanitario dos PACs felices pascuas

Desde o comité de folga dicímoslle ao Sr Fernández campa que está a darnos a pascua!

O persoal dos PACs están a facer procesión e levan o calvario ao lombo. Hai saído numerosas noticias facendo alusión a unha proposta de mellora nas condicións de traballo do persoal dos pac, desde o comité de folga temos a obrigación de aclarar o que consideramos erros nesas noticias e matizalos.

Na noticia que fai referencia a esa subida salarial fala de 600 euros polas noites e 1400 polos festivos, facemos 800 horas noites ao ano e 400 horas de festivos.

Desde o comité de folga dos PACs queremos aclarar que nas nosas reivindicacións non está un incremento salarial, o que pedimos e seguimos pedindo é que se pague o que se nos debe. O pacto do 2008 establecía de forma progresiva o 100% dos complementos de nocturnidade e festivos, esa progresión sería definitiva o ano 2010, pero polas medidas de axustes da gravísima crise de financiamento do sector público dos últimos anos quedou pendente un 20 % . O persoal dos pacs queren que se lles abone ese 20 % que falta.

Supoñería uns 95 euros ao mes para persoal de enfermería e 125 euros ao mes para medicina. Preguntámonos onde foi a parar a partida orzamentaria que se decretou no DOG do 4 de maio de 2015 na que se poñían as bases para a recuperación dos niveis retributivos do persoal ao servizo do sector público aos que lles afectou os axustes?

Lembramos que ao longo destes anos estiveron a aforrarse uns 12 millóns de euros.

Lembramos que non estamos a pedir o carácter retroactivo.

É o problema de sempre, os xerentes non escoitan aos traballadores e os políticos dedícanse a lanzar promesas que está por ver que se cumpran.

Hai que lembrar que a crispación do persoal dos PACs tivo o seu culmen cando se obrigaba a ir traballar nos días de descanso, quitábase persoal dun PAC para envialo a outro pac ou mesmo se pechaban PACs, e sempre se xustificaba pola falta de persoal!

Esa falta de persoal é de mé[email protected] s, pero entre as nosas reivindicacións está os equipos completos para os PACs, é dicir, ao atender a un paciente no pac con problema grave sempre sexa equipo completo: [email protected] e [email protected], non hai falta de persoal de [email protected]!

Desde hai 10 anos baseáronse nese argumento, o comité de folga pregúntase que se fixo ao longo destes anos para solucionar ese problema?.

Na proposta de mellora alúdese ao pago de dúas dietas de manutención en domingos e festivos que se amplían cando en servizo sexa de 24 horas, hai que deixar claro que a día de hoxe ao persoal dos pacs cando traballan 24 horas páganlles un dieta, e seguimos negociando con ese tema!

Atendeuse a petición de dispoñer de uniformes suficientes, unha imaxe única corporativa e equipos de protección individual ( EPI).A día de hoxe o persoal sanitario atende accidentes de tráfico, acode a explosións, incendios… cun uniforme de traballo non homologado, e seguimos negociando!

Na noticia tamén fai alusión a unha maior participación do profesional no establecemento dos obxectivos de servizo, coa supresión do indicador de derivación hospitalaria como obxectivo de servizo vinculado á produtividade. Lembramos que este punto parecíanos falta de ética non poñelo nos puntos reivindicativos, pero non supón ningún conflito, se o consideraba oportuno ningún profesional deixaba de remitir a hospital ao paciente.

A aplicación da neutralidade en situacións de incapacidade temporal e de vacacións pagas, para que non teñan incidencia na liquidación da xornada complementaria, quere dicir que ata agora cando tiñamos unha enfermidade ou permiso restábasenos da nosa xornada, estaba a facerse e seguirá sen igual.

O comité de folga recoñece o esforzo da consellería por atender nosa dobre petición a reunirse con este órgano negociador.