Despois das declaracións vertidas onte polo Xefe Territorial de Educación de Pontevedra, Sr. César Pérez Ares sobre a Federación Olívica de Asociacións de nais e pais de Vigo e comarca, esta Xunta Directiva queres remitirlle esta nota de prensa en contestación as súas declaracións.
Sr. César Ares.
En contestación as súas declaracións efectuadas o día 4 de setembro na prensa, desexamos expresar o noso parecer. As familias asociadas ás Anpas da escola pública de Vigo e federadas en FOANPAS, merecen un respecto por parte de Xefatura Territorial. Nós non facemos “política” como vostede dá a entender, as familias da escola pública convivimos coa “política educativa e coa política social”.
FOANPAS representa a diversidade das familias da nosa cidade. Precisamente por velar polos intereses dos/as escolares e das súas familias e de toda a comunidade educativa, nese exercicio de “responsabilidade” decidimos non xestionar estes servizos. No comedor escolar é necesario que un equipo técnico valore as condicións dos espazos destinados a tal fin. Pedimos que se nos exima desa carga de ter que firmar que asumimos todo tipo de responsabilidades. Tamén pedimos que contraten coidadoras/es para o funcionamento deste servizo garantindo a atención do alumnado NEAE.
Sobre o non incremento da partida económica e a aposta por optimizar os recursos, cales recursos?, os que xa existen e son totalmente insuficientes!! En canto os espazos que di vostede que puxeron a disposición do servizo de comedor, cales son?, valoráronse por parte dun equipo técnico?, habilitáronse co mobiliario necesario?, contratáronse máis coidadoras/es?
Respecto o Plan Madruga e a súa resposta ante negativa das Anpas a xestionalo, foi: “Es ajeno a Educación y forma parte de la dinámica de las asociaciones de padres con los Concellos”. Non é a nosa competencia ofertar estes servizos, mal chamados complementarios, que se tiñan que considerar como servizos educativos. As familias non podemos “desconciliar” para xestionar servizos que axuden á conciliación. As administracións teñen que empezar a valorar un cambio de modelo laboral que se adapte a conciliación familiar.
Non é certo que sempre mantivera unha actitude dialogante con FOANPAS. Soamente nos convocaron a unha xumtanza na que trasladamos as nosas demandas que non tiveron resposta.
Non minta Sr. Xefe Territorial non insulte nin falte ao respeto ás familias da escola pública de Vigo.
A Xunta directiva de FOANPAS
Noticias de última hora en Vigo