O contexto histórico do pergamiño vindel na librería Andel

A Asociación Cultural O Castro de Vigo presenta a conferencia impartida polo versado historiador galego Anselmo López Carreira, figura recoñecida no campo da historia. Que nun contexto histórico falará da figura de Martín Codax, do pergamiño e do antigo Reino da Galiza nun abraiante percorrido polo pasado glorioso galegoportugués, será este xoves 15 de febreiro na libraría Andel ás 20h.
Por o 13/02/2018 | Sección: Eventos,Galicia,Vigo
O contexto histórico do pergamiño vindel na librería Andel

A quinta 15 de febreiro a Asociación Cultural O Castro presenta a conferencia máis desexada e necesaria arredor do Pergamiño Vindel e será na libraría Andel, rúa Camelias 102 Vigo.

O Pergamiño Vindel é un texto copiado a finais do século XIII ou inicios do XIV con características similares ao Cancioneiro da Ajuda e contén sete cantigas de amigo de Martín Codax, coa
notación musical de seis delas. A descuberta foi casual, Pedro Vindel encontrou na súa biblioteca en 1914 un exemplar De officiis de Cicerón que levaba como forro o descoñecido pergamiño. A
primeira noticia do descubrimento foi dada polo propio Vindel en febreiro do mesmo ano, na revista Arte Español. E no ano seguinte, no 1915, o libreiro publica unha edición facsímile do
manuscrito.

Agora Vigo e toda Galiza ten a sorte de poder ver o famoso Pergamiño Vindel, exposto no Museo do Mar ata o 4 de marzo deste ano 2018.

Anselmo López Carreira

Nado en Vigo en 1951, historiador galego. Licenciado (1976) e doutorado (1994) en Historia pola USC. Catedrático de Historia no IES María Soliño de Cangas. Traballou en Celanova, Verín,
Compostela, Barcelona e Hannover. Profesor Titor da UNED en Ourense. Catedrático de secundaria e historiador ligado ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos. Como autor, ten unha ampla obra ensaística de investigación histórica, centrada na historia medieval da Galiza (A revolución irmandiña 1987, Os irmandiños 1991, O Reino de Galiza 1998, Os reis de Galicia 2003, etc) Tamén é coautor de varias Historias Xerais de Galicia. (1979, 1991,1996 e 1997)

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.