Continúa a limpeza xeral nas Corvaceiras

Publicado por o día 27/08/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

Continúa a limpeza xeral nas Corvaceiras

A Concellaría de limpeza viaria, xestionada polo concelleiro Raimundo González, continúa esta semana coas limpeza xerais en distintos barrios do concello, logo do remate das festas grandes da cidade. Continuará coa limpeza da avenida das Corvaceiras, nesta ocasión no lateral dereito, cara Marín.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende esta tarde mércores prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.