Continúa a procura do triatleta no río Miño: “O mozo pediu axuda pero cando chegamos xa non estaba”

Rafael, un novo triatleta portugués, leva dous días desparecido e as forzas de rescate traballan para atopalo. Fuentes próximas afirman que o mozo non tiña experiencias neste tipo de probas.
Publicado por o día 03/09/2019 na sección de Galicia,Tomiño

Continúa a procura do triatleta no río Miño: “O mozo pediu axuda pero cando chegamos xa non estaba”

Rafael, un novo triatleta portugués, leva dous días desparecido e as forzas de rescate traballan para atopalo. Fuentes próximas afirman que o mozo non tiña experiencias neste tipo de probas.

O río Miño tragoullo. Leva dous días desaparecido e estanse realizando procuras por terra, mar e aire. O mozo portugués de 23 anos participaba no tríatlon da amizade, que une a localidade galega de Tomiño coa portuguesa de Vilanova de Cerveira.

Entre elas: o Miño, polo que discorría a primeira parte do tríatlon: 750 metros a nado. “Viuse ao mozo pedir axuda pero cando a embarcación de apoio puido chegar ata el, desaparecera”, afirma Juan Díaz, comandante naval do río Miño. Segundo algunhas fontes, non tiña experiencia neste tipo de probas.

Un barco cun sónar segue rastrexando o río apoiado por varios mergulladores. A pesar de que era un tríatlon sinxelo, con só 5 quilómetros de carreira, 20 de bici e 750 metros de natación, volve a polémica. É unha moda, pero, como se puedecontrolar o nivel dos participantes que se inscriben?