Continúa a programación de nadal na Guarda con cinema, pista de xeo e a Cabalgata de Reis

Publicado por o día 02/01/2019 na sección de A Guarda,Galicia

Continúa a programación de nadal na Guarda con cinema, pista de xeo e a Cabalgata de Reis

O Nadal continúa na Guarda cunha extensa e variada programación de actividades nas que se inclúen o cinema, a animación musical polas rúas, os obradoiros de decoración, as chocolatadas, a pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis.

Pista de Xeo que está instalada na Alameda da Guarda xa recibíu a visita de máis de 1500 persoas, as entradas teñen un custo de 6€ de xeito anticipadas nos establecementos da vila e 7€ na propia pista, cunha duración de 45 minutos para gozar por primeira vez na Guarda da patinaxe sobre xeo, o aluguer dos patíns é gratuíto e recórdase que se deben de traer guantes para as mans. O 1 de xaneiro a Pista de Xeo funcionará só en horario de tarde de 16:00h a 22:00h e o  5 e 6 de xaneiro funcionará en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 22:00h.

A programación de actividades do Nadal continúa o Mércores día 2 a Casa dos Alonso cun Obradoiro infantil “Decora a túa casa” no que nenos e nenas da vila aprenderán a realizar adornos de Nadal, nunha actividade de 2 horas de duración para un máximo 15 nenos e nenas, as prazas están xa esgotadas para esta actividade.

Na xornada do xoves día 3 de xaneiro continúa a animación musical de rúa a cargo do grupo “Do Lusco ó Fusco” de 11:00h a 13:00h, visitando o Mercado da Praza de Abastos, que acolle este día unha chocolatada de balde.

Tamén na xornada do xoves 3 de xaneiro pola tarde, o Centro Cultural acolle unha nova sesión de cinema infantil coa proxección de “Capitán Calzoncillos” ás 17:30h, un filme para público infantil onde dous rapaces gozan facendo bromas e debuxando cómics na súa escola, unha actividade enfocada a conciliación laboral que permitirá que os pais e nais teñan un tempo libre para facer compras na vila.

As súas Maxestades de Oriente visitarán o venres 4 de decembro pola tarde aos nosos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Tecla, estarán acompañados pola Charanga Vaia Panda e o Grupo Do Lusco ó Fusco, ademais de contar coa presenza do Alcalde, da Concelleira de Turismo e da Concelleira de Servizos Sociais.

O Sábado día 5 de xaneiro terá lugar un dos actos máis importantes do Nadal na Guarda, a Cabalgata dos Reis Magos que terá lugar ás 18:00h con saída dende a Alameda da Guarda acompañados pola comitiva de paxes, 5 asociacións da vila e unha charanga que amenizará musicalmente este evento. Os Reis Magos percorrerán a Rúa Rosalía de Castro e Rúa Galicia para terminar na Casa dos Alonsos, onde recibirán aos nenos e nenas entregando agasallos e lambonadas para todos.Durante o percorrido repartirán caramelos e lambonadas dende as súas carrozas.

Dende o Concello da Guarda se convida seguir participando e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, está dinamizando e chama a atención dos nosos veciños e visitantes.