Continúa o despilfarro da Sra. Arévalo

O titular de este artigo e a afirmación que fai o grupo municial GañaMOS
Publicado por o día 01/12/2016 na sección de GañaMOS,Política,Vigo

Continúa o despilfarro da Sra. Arévalo

A Alcaldesa de Mos ven de convocar un Pleno extraordinario para o día 2 de decembro, 4 días despois de celebración do anterior e cun novo Pleno ordinario por diante para decembro. Todo pola urxencia que ten por aprobar as modificación técnicas do PXOM que fixo o equipo redactor por esixencia da Xunta de Galicia.

Por desgraza, esta esixencias non melloran este desastroso Plan de Urbanismo do PP de Mos, xa que mantéñense as rúas estreitas, a mestura de solo industrial e residencial… Este Pleno supón un gasto extraordinario de 2.280€, polo que resulta a todas luces incomprensible esta celebración específica, habendo 2 plenos ordinarios nestas datas.

Se ademais engade a oposición do grupo municipal GañaMOS que no mes pasado convocáronse 7 Comisións Informativas, varias delas repetidas na mesma área, nas que maioría dos casos non se toman decisións, e que causan un gasto promedio de 500€, resulta un total de 3.500€. Todo iso acumula un gasto de 5.780€, aos que engadiríamos outros 2.280€ polo pleno extraordinario, en total 8.060€. Tendo en conta que o Pleno extraordinario e as Comisións duran apenas 30 minutos, cada concelleiro asistente cobrará ¡máis de 100€ por hora!

A sra, Arévalo deixa ben claro por qué NON aceptou as enmendas do grupo municipal GañaMOS aos orzamento para rebaixar os gastos dos políticos e poder aumentar a ridícula cantidade de 5.000€ destinada no 2017 para todas as Asociacións de veciños de Mos ou o exiguo esforzo económico do Plan de Emprego Municipal dotado con só 15.000€.