Continúa a limpeza xeral na avenida de Bos Aires

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección de Carme da Silva, continúa esta semana coa limpeza xeral na avenida de Bos Aires, dende a Ponte dos Tirantes até a rotonda de Monte Porreiro, na marxe esquerda.

A limpeza farase na madrugada do xoves, polo que se indicará unha prohibición de estacionamento en toda a rúa que entrará en vigor esta tarde. Desenvolverase con varredoiras, máquinas de auga e limpeza a pé.

A Concellaría solicita a colaboración dos veciños para que respecten esta prohibición e lograr que a beirarrúa e calzada queden ben limpas.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

Avenida de Bos AiresConcello de PontevedraLimpeza

SIGUENOS EN TELEGRAM