Continúa a loita por condicións laborais dignas no sector de elaborados do mar

Publicado por o día 29/11/2017 na sección de CC.OO,Galicia,Protestas,Sindicatos,Vigo

Continúa a loita por condicións laborais dignas no sector de elaborados do mar

Delegadas e delegados de CCOO no sector de elaborados de produtos do mar concentráronse este venres diante a sede de Conxemar en Vigo. Ante as instalacións da patronal, reivindicaron un convenio con salarios e condicións laborais «dignas».

Concentración fronte á sede de Conxemar, en Vigo

Tamén avogaron por unhas condicións laborais estables, evitando a «masiva» contratación mediante empresas de traballo temporal. Así mesmo, reclamaron horarios que permitan a conciliación e unha revisión das categorías profesionais que garanta que o salario recibido se axuste ao traballo realizado.

Desde a Federación de Industria de CCOO piden que a patronal sente «xa» a negociar o convenio e aposta pola unidade sindical, polo que volve facer un chamamento neste sentido ás outras organizacións sindicais.