Continúa a nova tempada de teatro de Afundación na cidade de Vigo

Trabajos de amor perdidos, de William Shakespeare, a escena
Por o 31/01/2017 | Sección: Cultura,Vigo
Continúa a nova tempada de teatro de  Afundación na cidade de Vigo

Afundación presenta o xoves 20 de febreiro ás 20.30 h no Teatro Afundación Vigo a súa segunda proposta escénica para a nova tempada de abonos de teatro iniciada en este ano 2017. Nesta ocasión a peza que se levará á escena será Trabajos de amor perdidos, de William Shakespeare, baixo a dirección de Tim Hoare e Rodrigo Arriba. A adaptación estivo a cargo de José Padilla. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade en Ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500.

Contra o ano 1595 publicouse unha das primeiras obras dramáticas de William Shakespeare. A reclusión do monarca de Navarra e tres dos seus máis próximos cabaleiros no castelo co propósito de dedicarse ao estudo e á meditación afastados de calquera contacto conduce o argumento da obra. A chegada da princesa de Francia e tres das súas damas alterará irremediablemente os plans iniciais do rei navarro. Desde mediados do século XX houbo un aumento na exhibición e montaxe deste texto, con producións da Royal Shakespeare Company e do National Theatre, así como adaptacións televisivas, radiofónicas e cinematográficas, entre as que destacan a versión musical que Kenneth Branagh levou á gran pantalla no ano 2000.

O elenco está composto por Javier Collado, Montse Díez, Jesús Fuente, Alicia Garau, Jorge Gurpegui, Julio Hidalgo, José Ramón Iglesias, Alejandra Mayo, Sergio Moral, Raquel Nogueira, José Luis Patiño, Lucía Quintana e Pablo Vázquez.