Continúa o afundimento económico do concello de Mos así o afirma o Bng de Mos

Debe 10.813.600 euros e incumpre o período de pago de facturas
Por o 07/05/2018 | Sección: BNG,Galicia,Mos,Política
Continúa o afundimento económico do concello de Mos así o afirma o Bng de Mos

O goberno do PP do concello de Mos, logo de nove anos, continúa empeñado en afundir economicamente as arcas municipais. A demagoxia e a propaganda non é dabondo para gobernar.

Na liquidación do orzamento do 2017, aparece con claridade o que debe o concello a 31 de decembro sumando os créditos bancarios ( 8.197.000 €) , as facturas recoñecidas ( 2.209.700 €) e as facturas sen recoñecer ( 406.900 €) debe un total d 10.813.600 euros. Seguen traballando en cantidades que nos parecen astronómicas para un concello coma o noso.

O remanente de tesourería é neste ano negativo, nunha cantidade de -1.284.000 euros, o remanente fala da falta de financiación a curto prazo do concello. Como se pode ver, desastroso.

Este ano ademais se presenta o informe de tesourería sobre o Prazo Medio de Pago (PMP) das facturas, neste primeiro trimestre, incúmprese clamorosamente, pasando dos 30 días legais, aos 77 días de media o que se tarda en pagar unha factura.

De seguro que para o PP todo isto é marabilloso, pero para o Bng de Mos, non deixa de ser máis que un xeito desastroso de facer política económica.

Unha vez máis, un goberno do PP prepotente e unha alcaldía inmersa no máis absoluto narcisismo, leva ao noso concello a unha nefasta deriva económica o problema é que se cren as súas propias mentiras.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.