Continúan a falta de pagamentos aos traballadores de vixilancia do Centro Comercial A Laxe

Publicado por o día 07/11/2019 na sección de Galicia,Sindicatos,Vigo

Continúan a falta de pagamentos aos traballadores de vixilancia do Centro Comercial A Laxe

O sindicato Alternativa Sindical vén denunciar novamente que a empresa A1 continúa coa falta de pagamentos de nóminas aos seus traballadores.

A empresa pertencente ao grupo EME continúa maltratando aos seus traballadores, “ao non abonar as nóminas no prazo establecido por lei”, denuncia o sindicato. Mesmo aínda máis grave; abonando as nóminas cun mes de atraso.

Esta situación non é un problema dun mes ou dous, senón que se produce desde o mes de xullo.

Desde o sindicato alternativa sindical, esixen ao Concello de Vigo e Centro Comercial A Laxe que rescinda de maneira inmediata os contratos con esta empresa.

“Lembrarlles a estes dous clientes, que Inspección de traballo xa ha resolvido que se debe de abonar as nóminas no prazo estipulado por convenio e permanecerá atenta a que isto se cumpra” finaliza o Sindicato Alternativa Sindical.