Continúan as obras Plan de Mellora de Camiños Municipais co asfaltado do viario vertebrador de Parada

A través desta actuación cofinanciada a través de Agader, acometeronse tamén traballos no vial de Forcas, en Laro.
Publicado por o día 28/01/2019 na sección de Galicia,Silleda

Continúan as obras Plan de Mellora de Camiños Municipais co asfaltado do viario vertebrador de Parada

O Concello de Silleda continúa coa execución do proxecto denominado Mellora de Camiños de Titulariedade Municipal 2018-2019. Mellora de Camiños en Parada e Laro, cunha inversión de máis de 73.000 euros.

No día de hoxe iniciáronse os traballos de asfaltado na parroquia de Parada, onde se mellorará o tramo que vertebra esta localidade. A empresa adxudicataria culminará así a mellora do trabao que vai dende  Cruceiro á Casanova e un pequeño viario dende este último lugar ata Barro. Nos últimos días rematáronse os traballos de limpeza e drenaxe dun dos puntos de actuación.

O mes pasado rematouse a outra actuación deste proxecto, coa remodelación da pista que vai dende Freixeiro a Forcas, con algo máis de 1 kilómetro.

Esta inversión, que se acometerá  con cargo a dúas anualidades, esta cofinanciada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e polo Concello de Silleda.

Con esta actuación dende o Concello de Silleda continúase apostando por mellorar a extensa rede de camiños municipais no territorio, unha acción que se completará nas vindeiras semanas co proxecto de Mellora de Camiños Municipais que investirá preto de 500.000 euros a través dos fondos do Plan Concellos.