Continúan as movilizacións ferroviarias

Publicado por o día 29/10/2013 na sección de Vigo

Continúan as movilizacións ferroviarias

Estación trenes vigo

Hoxe se está a desenvolver a segunda xornada de paros parciais convocada polas centrais sindicais SF-Intersindical e CGT, contra a privatización do sector ferroviario estatal, en Renfe Operadora e Adif.

A primeira xornada no día de onte desenvolveuse sin incidentes e tivo un seguimento que chega o 60% dos traballadores afectados. Circularon somentes os trens programados nos Servizos mínimos impostos polo Ministerio de Fomento o que supuxo a supresión de 22 circulacións nos corredoiros ferroviarios galegos: (8 trens Vigo-Santiago-Coruña, 4 trens Vigo-Pontevedra, 2 trens A Coruña-Monforte, 2 trens Carballino-Ourense, 2 trens Vigo-Madrid, 2 trens Vigo/Coruña-Irún/Hendaya e 2 trens nocturnos Vigo/Coruña-Barcelona)

Os paros parciais na xornada de hoxe de dúas horas por tuno fanse nos tramos horarios de 7:30-9:30, de 18:00 a 20:00 e de 23:00 a 1:00. e afectarán a un total de 27 circulacións no ámbito de Galiza: 2 Vigo-Valença, 6 Vigo-Santiago-A Coruña, 4 Vigo-Pontevedra, 2 A Coruña-Monforte, 2 A coruña-Ferrol, 1 O Carballiño-Ourense, 1 AVANT Santiago-Ourense, 2 Vigo-Madrid, 2 trens Vigo/Coruña-Irún/Hendaya e 2 trens nocturnos Vigo/Coruña-Barcelona. Ademais os trens de mercadorías están sufrindo, tamén, importantes demoras.

 Os sindicatos lamentan a falla de información que por parte das Empresas (Adif e Renfe Operadora) se está a facilitar aos usuarios o que está a provocar grandes colas nas estacións para facer reclamacions. Unicamente nas grandes estacións se facilita información nos tabuleiros de anuncios e nin xiquera se está a facer uso do servizo de megafonía. Os apeadeiros e estacións intermedios Redondela, Arcade, Cesantes,Catoira, Pontecesures, Padron, e toda a liña do miño están orfos de información o que lles está a causar graves perxuizos aos usuarios habituáis que agardan pacientemente no andén o paso de un tren sin que nadie nin nada os avise de que non vai pasar.

As mobilizacións no Sector Ferroviario inicialmente convocadas polos sindicatos SFIntersindical e CGT, veñen motivadas polas políticas gubernamentais de desmantelamento do servizo público ferroviario que plantexa para o 1 de xaneiro de 2014 a división do ADIF en duas empresas e a segregación de RENFE Operadora en 4 sociedades mercantís (S.A), de cara a privatización total do sector A privatización das empresas públicas ferroviarias vai supoñer un aumento da descoordinación entre o xestor da infraestructura e os operadores ferroviarios, e como xa quedou demostrado, nos países que optaron por este modelo, (Inglaterra e Arxentina por exemplo), nunha merma nas inversións e no mantemento que derivará na perda da calidade no servizo e no aumento da sinistralidade. A obtención de beneficio económico primará sobre o resto, o que tamén vai provocar a reducción de persoal operativo para garantir a retribucións dos directivos e dos novos consellos de administración.

Inglaterra tivo que optar por renacionalizar e agora o goberno da Arxentina ven de anunciar o pasado venres a nacionalización da rede de ferrocarriles do Sarmiento tras sufrir una lamentable experiencia cos dous últimos accidentes na estación bonaerense de Once, un fai algo máis de un ano, que arroxou 51 mortos, e fai apenas unha semana outro con máis de 100 feridos.

A maioría dos gobernos europeos, Alemania, Austria, Bélxica, Italia, Francia, Suiza, etc…, cumplimentando as directivas europeas, apostan por manter no mesmo holding o xestor e a operadora pública, conformando unha gran estructura pública reforzada, (O.P.P) e, sin dúbida, aproveitarán tamén o negocio que lles vai a brindar o estado español, que interpreta ideoloxicamente as Directivas Comunitarias indo máis aló do que regulan, co obxectivo de privatizar o “negocio ferroviario”, poñelo en mans das multinacionais, e agasallar as grandes estructuras empresariais ca xestión das infraestructuras ferroviarias, estacións, vías, e trens que construimos e mercamos cos impostos de toda a cidadanía.
CGT e o Sindicato Ferroviario seguirán loitando para defender o Sector Público Ferroviario, continuando cos paros mañá día 30, de 9:00 a 11:00, de 16:00 a 18:00 e de 22:00 a 24:00 hs., rematando as folgas en Outubro cunha folga de 24 hs. o día 31, onde convocarán concentracións nas principais estacións galegas e agardamos que o resto de organización sindicais no sector se sumen logo a defensa do que é de todos e, entre todos, sexamos quén de parar o Expolio que vai a sufrir o Sector Ferroviario Estatal.