Os acto que o Concello do Grove ten organizado para homenaxear aos emigrantes mecos continúan esta semana con unha grande variedade de actividades. Hoxe mesmo terá lugar ás 20.00 horas a inauguración da mostra “Galizamérica. Edición e lingua na emigración” na que participarán a Concelleira de Obras, servizos e medio ambiente, Ángeles Domínguez, a comisaria da mostra, Carmen Carreiro, o Deputado de cultura e Lingua, Xosé Leal e tamén Ramón Nicolás, comisario da mostra quen será o encargado de facer un percorrido pola mesma. Posteriormente terá lugar a conferencia de Rosario Portela sobre a edición galega no franquismo.
Xa mañá, venres, tamén co auspicio da Deputación de Pontevedra dentro das actividades do Ano da Lingua, proxectarase o filme “A Cicatriz Branca” de Margarita Ledo Andión, que se centra na historia das mulleres que emigraron soas a Arxentina na primeira metade do século XX. Será na Sala das Cunchas a partir das 20.00 horas. O sábado a programación céntrase no Teatro da man de Enxebre quen acollerá no seu local a obra “Mar de Hilos” obra que forma parte dun proxecto artístico, multidisciplinar, inclusivo e social da Coruña.
Xa o domingo, terá lugar un dos actos principais da programación coa lectura pública da obra “Que lonxe está Lordelo” do médico Cándido Otero Goday que se celebrará na Rúa Castelao ás 19.00 horas. Nese acto participarán Francisco Sabell, que fará unha introdución á figura de Cándido Otero Goday, o Alcalde do Grove, José A. Cacabelos e a concelleira de Cultura Emma Torres que darán inicio á lectura, e Antón Mascato que rematará a lectura dos textos de Cándido Otero Goday. A obra, inédita, consta de tres capítulos nos que se describen as clasistas condicións da vida abordo dos vapores, en función da tarifa escollida; as peripecias das emigrantes e dos emigrados, moitos deles do Grove e mencionados con nome e chata, xunto cos diferentes favores que lle piden; os procesos históricos nos que se víu trapado, como guerras, motíns, sublevacións; as trucaxes dos polisóns para non pagar a pasaxe.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.