Continúan os paros parciais en Renfe / Adif todos os luns e venres de Novembro

Publicado por o día 04/11/2013 na sección de Vigo

Continúan os paros parciais en Renfe / Adif todos os luns e venres de Novembro

  Tras os tres paros parciais e a folga de 24 horas realizados o derradeiro mes de outubro e ante o silencio -mutismo- por parte do Ministerio de Fomento, os sindicatos SF-Intersindical e CGT continuan adiante co calendario de mobilizacións programados para todo o mes de novembro. Realizaranse paros parciais de dúas horas por turno:

  07:00 a 09:00h. – 15:00 a 17:00h. – 23:00 a 01:00h todos os luns en venres.

  As mobilizacións no Sector Ferroviario que convocan CGT e o SF-Intersindical veñen motivadas polas políticas gubernamentais de dividir ADIF en dúas empresas e segregar RENFE Operadora en 4 sociedades mercantís (S.A), preparando a súa privatización a partir do 1 de xaneiro de 2014, cuestión que consideran vai ser nefasta tanto para o futuro laboral das ferroviarias e ferroviarios como para o conxunto da sociedade que seguirá a pagar impostos para recibir servizos precarios.

 Rematadas as mobilizacións do mes de outubro con unha participación que foi “in crescendo”, a pesar dos servizos mínimos abusivos impostos polo Ministerio de Fomento e sin recibir comunicación algunha pola súa parte, no seo do Comité de Folga, continuan co calendario de movilizacións que durante este mes, ten prevista a celebración de unha manifestación central en Madrid o día 23N (sábado), en un horario e percorrido aínda por concretar.

 Dende CGT e o Sindicato Ferroviario agardan que pouco a pouco, sexamos cada vez máis as forzas que nos sumemos ás mobilizacións para facerlle ver ao goberno do PP que cuestionamos o seu modelo, que o rexeitamos, e que estamos dispostos a discutir e consensuar un modelo alternativo axeitado para o noso ferrocarril pero que vamos a defender o patrimonio público ate as últimas consecuencias.