Continúan os traballos de extinción do incendio do pesqueiro atracado en Vigo

O pesqueiro incendiado en Bouzas afúndese
Publicado por o día 03/12/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Continúan os traballos de extinción do incendio do pesqueiro atracado en Vigo

Os servizos de emerxencias continúan traballando arestora no incendio que comezou esta mañá na zona da adega do pesqueiro atracado no Porto de Bouzas, en Vigo.

Ao operativo de extinción formado polos Bombeiros de Vigo, forzas da orde e Autoridade Portuaria, sumouse o Grupo de Apoio Loxístico da Axega que enviou á cidade olívica unha bomba de gran caudal e o equipo de drons, ademais dun equipo de iluminación que incorporou esta tarde para facilitar o traballo dos profesionais que interveñen na extinción do barco incendiado.

Con todo, co fin de minimizar o risco da emerxencia, colocáronse barreiras de contención para evitar que unha posible vertedura contamine a zona.