Continúan os traballos de retirada dos vagóns do tren de mercadorías descarrilado en Carballeda de Valdeorras

Publicado por o día 31/07/2020 na sección de Sucesos

Continúan os traballos de retirada dos vagóns do tren de mercadorías descarrilado en Carballeda de Valdeorras

Ante a complexidade da operación de retirada dos vagóns descarrilados tras o accidente de tren de mercancías rexistrado o pasado martes en Carballeda de Valdeorras, o persoal responsable polo centro de xestión de incidencias de Renfe solicitou esta mañá ao 112 Galicia, a presenza de equipos de emerxencia para garantir as condicións de seguridade na zona.

Ás dez horas de hoxe, os efectivos de intervención da Rede Nacional de Ferrocarrís comunicaron que os traballos de retirada dos vagóns sinistrados avanzaba con prudencia, debido a inestabilidade do terreo. Segundo se lle indicou ao 112, quedadan dez vagóns por liberar e era necesario extremar as precaucións na zona para efectuar a operación con todas as garantías.

Deste xeito, desde o 112 Galicia informouse da situación aos axentes da Garda Civil que, xunto ao persoal de Adif, traballan arestora na avaliación do risco do operativo co fin de previr calquera incidente.

Nestes momentos, a circulación neste tramo da vía férrea segue restrinxida ata a completa retirada do vehículo accidentado.

Comentar noticia

Your email address will not be published.