Mais de medio cento de persoas concentráronse contra a Pobreza e a Exclusión Social

Publicado por o día 17/10/2019 na sección de Galicia,Protestas,Vigo

Mais de medio cento de persoas concentráronse contra a Pobreza e a Exclusión Social

O circulo ia collendo forma dende as 20:30 horas na céntrica farola de Urzaiz, con motivo do Día de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, os circulos nacen en Francia no 2007 e actualmente convócase neste pais en máis de 180 cidades cada mes. Esta iniciativa tense estendido por Europa e por varias cidades españolas.

Os círculos aspiran a expresar a súa protesta desde unha cultura da non violencia, a través dunha accón sinxela e asumible por todo o mundo. Queren ser un xesto permanente de denuncia.

O silencio como forma de diálogo, que apela a conciencia de quen fai as leis, de quen as aplican e da cidadanía que as asume, ás veces de forma pasiva e acrítica. Silencio como forma de acción que aglutina a persoas de boa vontade, que podendo ter ideoloxías, culturas ou crenzas diferentes, atopan neste silencio solidario coas persoas e comunidades oprimidas unha linguaxe común.

Nun mundo desbordado de ruidos, de sobreinformación que desinforma, de eslóganes e publicades comercial e política, pensamos que o silencio ten un potencial revolucionario para revindicar outros mundos posibles e necesarios, argumentan as organizacións convocantes desta novidosa forma de protesta/denuncia.

Manifesto

Con motivo do Día de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, as persoas, movementos e organizacións que impulsamos a Campaña “Pobreza Cero” facemos un chamamento á sociedade para que se mobilice ata lograr medidas concretas e efectivas contra a pobreza e a desiguladade.

A pobreza e, especialmente, as desigualdades son cada vez máis extremas, intensas e crónicas. É urxente atacar as causas e cambiar as políticas económicas e sociais que xeran riqueza para o 1% e un empobrecemento xeneralizado para o resto da poboación, tanto dentro como fóra do Estado español. Tamén cambiar un sistema que fomenta a guerra para o control xeoestratéxico dos recursos, destrúe a natureza, ocasiona fames extremas e incrementa as desigualdades sociais.

Sabemos cales son os problemas e coñocemos moitas das súas causas estruturais; tamén sabemos que existen solucións reais e factibles. Queremos solucións baseadas en dereitos. Esiximos políticas cuxo centro sexa a xustiza social e ambiental. En Concreto,

Aumento do orzamento para políticas públicas sociais de inclusión e protección. (Inculeindo investimentos en Educacion e en medidas eficaces para a protección da infancia; investimentos en Sanidade e a anulación do REal Decreto 16/2012 para restaurar a sanidade universal; políticas para a Igualdade de Xénero e os plans contra a violencia de xénero; medidas de protección do desemprego e a inserción sociolaboral; Renda Mínima de Inserción para cumprir coa Lei de Prestación de Ingresos Minimos; cumprir a Lei de Dependencia e pagar as axudas que se recollen na mesma).

Aumento dos fondos destinados á solidariedade global. Cooperación ao desenvolvemento e axuda humanitaria, desligados de intereses comerciais, de seguridade e de control de fronteiras.

Meidas para garantir a redistribución

Xustiza fiscal a través de políticas tributarias xustas, progresivas e suficientes, que sosteñan as políticas sociais (aprobar unha lei contra a fraude e os paraísos fiscais, Imposto ás transacións financieiras).

Mais de medio cento de persoas concentráronse contra a Pobreza e a Exclusión Social

#VigoO circulo ia collendo forma dende as 20:30 horas na céntrica farola de Urzaiz, con motivo do Día de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, os circulos nacen en Francia no 2007 e actualmente convócase neste pais en máis de 180 cidades cada mes. Esta iniciativa tense estendido por Europa e por varias cidades españolas.A crónica desta acción nesta ligazón https://www.noticiasvigo.es/contra-a-pobreza-e-a-exclusion-social/

Publicada por Noticias de Vigo en Jueves, 17 de octubre de 2019

Comentar noticia

Your email address will not be published.