Controlado o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Cervantes, parroquia de Cereixedo

A superficie afectada é de arredor de 20 hectáreas de monte raso, segundo estimacións provisionais
Publicado por o día 13/04/2017 na sección de Galicia,Lugo,Medio Ambiente,Sucesos,Vigo

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Cervantes, parroquia de Cereixedo

A Consellería do Medio Rural informa do control do incendio forestal rexistrado no concello lugués de Cervantes, parroquia de Cereixedo.

O lume, que se iniciou ás 03,01 h. da madrugada, quedou controlado ás 13,30 h. e segundo estimacións provisionais afectou unha superficie de arredor 20 hectáreas de monte raso. Nos traballos de control participaron 3 axentes, 10 brigadas, 4 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que permanecen prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais ata novo aviso. Está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.