Controlado o incendio do concello lugués de Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe
Publicado por o día 28/07/2020 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Controlado o incendio do concello lugués de Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

Quiroga

Controlado desde as 18,50 h. desta tarde o incendio do concello lugués de Quiroga, parroquia da Enciñeira, que se orixinou ás 2,47 h. da pasada madrugada. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 30 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado 3 axentes, 14 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 3 avións.

Manzaneda

Controlado desde as 15,57 h. desta tarde un incendio rexistrado no concello ourensán de Manzaneda, parroquia de Paradela, que se orixinou ás 23,05 h. da pasada noite. Segundo as últimas estimacións, xa sen fume, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado 1 técnico, 5 axentes, 15 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

Monterrei

Segue controlado desde as 11,52 h. deste mediodía o lume do concello ourensán de Monterrei, parroquia de Flariz, que se iniciara o pasado venres. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 720 hectáreas. Delas, 450 son forestais (400 rasas e 50 arboradas) e as restantes 270 ha son agrícolas. Para o control deste incendio lévanse mobilizado 4 técnicos, 33 axentes, 82 brigadas, 35 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 12 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comentar noticia

Your email address will not be published.