Controlado o incendio forestal do concello lugués de Quiroga, parroquia de Outeiro

As últimas estimacións indican que afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas de monte raso
Publicado por o día 04/09/2018 na sección de Sucesos

Controlado o incendio forestal do concello lugués de Quiroga, parroquia de Outeiro

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume do concello lugués de Quiroga, parroquia de Outeiro, quedou controlado ás 22,30 h. de onte luns.

O incendio comezaba ás 17,31 h. do domingo e todo parece indicar que foi causado por un raio. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas de monte raso. Para sufocar este lume mobilizáronse 1 técnico, 11 axentes, 47 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 5 avións.

Extinguido Chandrexa de Queixa

Por outra banda, ás 10,04 h. deuse por extinguido o lume forestal rexistrado no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteligo. Este incendio comezaba ás 01,10 h. da madrugada de onte e, segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 23,4 hectáreas de monte raso. Na súa extinción traballaron 5 axentes, 17 brigadas, 5 motobombas, 7 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.