Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Cualedro, parroquia de Montes

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 42,7 hectáreas de monte raso
Publicado por o día 21/09/2018 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Cualedro, parroquia de Montes

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal do concello ourensán de Cualedro, parroquia de Montes, quedou controlado ás 15,03 h. de onte.

O incendio comezou esta madrugada ás 00,04 h. e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 42,7 hectáreas de monte raso. Para extinguir este lume mobilizáronse 5 axentes, 12 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.