Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Ramilo

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 50 hectáreas
Publicado por o día 01/01/2019 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Ramilo

A Consellería do Medio Rural informa do control ás 11,16 h. do lume forestal do concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Ramilo, que afecta unhas 50 hectáreas.

O incendio comezou ás 23,00 h. de onte e nel traballan 3 axentes, 7 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.