Controlado o incendio forestal no concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Couzadoiro

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 21 hectáreas
Publicado por o día 16/02/2020 na sección de Medio Ambiente,Xunta de Galicia

Controlado o incendio forestal no concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Couzadoiro

A Consellería do Medio Rural informa do control do lume no concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Couzadoiro.

O incendio comezou onte ás 23,20 h. da noite e quedou controlado ás 15,01h. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 21 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Na súa extinción levan traballado 4 axentes, 20 brigadas e 10 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comentar noticia

Your email address will not be published.