Controlado o incendio forestal rexistrado na illa de Ons, concello de Bueu

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 4 hectáreas do Parque Nacional Marítimos Terrestre das Illas Atlánticas
Publicado por o día 18/09/2020 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Controlado o incendio forestal rexistrado na illa de Ons, concello de Bueu

A Consellería do Medio Rural informa do control do lume rexistrado na illa de Ons, concello de Bueu.

O lume comezou onte ás 16,56 h. da tarde e quedou controlado ás 11,10 h. desta mañá. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 4 hectáreas dentro do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Ata o momento mobilizáronse para a súa extinción 5 axentes, 13 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comentar noticia

Your email address will not be published.