A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal rexistrado no concello lucense da Fonsagrada quedou controlado ás 23,20 h. desta pasada noite. Iniciárase ás 08,07 h. de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 26 hectáreas, todas elas de monte raso.
Para extinguir este incendio mobilizáronse 1 técnico, 5 axentes, 31 brigadas, 12 motobombas, 2 pas e 10 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.