Convenio entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Asociación Down Vigo

Publicado por o día 01/10/2019 na sección de Galicia,Vigo

Convenio entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Asociación Down Vigo

Para favorecer os principios de responsabilidade social relativos á plena integración das persoas con capacidades diversas, esta mañá e coa presenza do Alcalde, o Delegado do Estado e o Presidente da Asociación Down Vigo asinaron un convenio que, por catro anos, regula as prácticas profesionais en Zona Franca das persoas pertencentes á devandita asociación e senta, ademais, as bases para futuros acordos.

Como manifestou José Manuel García Orois, presidente de Down “a firma deste convenio é unha vella aspiración da nosa asociación”. Para resaltar a importancia do convenio Orois dixo que “estas prácticas serán un magnífico complemento aos nosos programas de formación para a súa integración no mundo laboral e social”.

Pola súa banda, David Regades expuxo que este é o primeiro convenio aprobado polo ministerio de Facenda que define o marco de colaboración entre ambas as institucións e que polo seu carácter plurianual achega toda a seguridade xurídica a esta acción que en Zona Franca realízase “a favor do exercicio real de dereitos por parte das persoas con discapacidade en igualdade de condicións respecto do resto de cidadáns e cidadás”.
“Non foi fácil chegar ata aquí, pero esta firma pon de manifesto que cando se quere, pódese” dixo Regades quen ademais manifestou que “a chegada destes bolseiros supoñerá unha experiencia enriquecedora tanto para eles como para os empregados públicos xa que compartirán vivencias que contribuirán a un enriquecemento persoal mutuo”. O delegado tamén fixo alusión ás conversacións que xa están a levar a cabo Zona Franca e Down Vigo para realizar o mellor proxecto de rehabilitación para o edificio que se vai a facer no Casco Vello.

Abel Caballero aproveitou para felicitar á directiva presente no acto de firma polo traballo que realizan desde Down Vigo “unha asociación que se esforza por integrar a diversidade na sociedade vós sodes os que nos estades marcando o camiño e a sociedade o que ten que facer é, sinxelamente, seguirvos”. Tal e como se afirma neste convenio, que terá unha vixencia de catro anos prorrogables, a Administración ten un papel fundamental no ámbito da Responsabilidade Social Corporativa como impulsora de condutas empresariais e cidadás responsables consideradas pola Unión Europea como un elemento estratéxico clave para afrontar os retos do novo milenio.

Comentar noticia

Your email address will not be published.