A MAREA DE VIGO estase a constituir como alternativa frente a política feita por e para unha minoría privilexiada.
Entre todas e todos temos que facer medrar o movemento e organización social que permita o renacemento ético, político e cultural na nosa cidade.
A MAREA DE VIGO É UN PROXECTO QUE SÓ É POSIBLE GRAZAS Á PARTICIPACIÓN DE TODAS.
A día de hoxe xa hai perto de 2000 persoas que, coma ti, asinaron a adhesión ao manifesto da Marea de Vigo.
Pero ainda temos que ser máis. Dille á xente do teu entorno que LEAN E ASINEN O MANIFESTO DA MAREA DE VIGO. Bastaría con que cada un/unha de nós facilite unha adesión para superar amplamente o obxetivo (simbólico) que nos puxemos na Asemblea Xeral de Setembro de 3000 sinaturas.
FAI PARTE DO CAMBIO RADICAL DA POLÍTICA VIGUESA
Participa e/ou difunde o proxecto e actividades da Marea entre a túa familia, amizades, veciñanza e compañeiras/os. No 2015 vai haber moita Marea viva!
PRENSA MAREA VIGO

Noticias de última hora en Vigo