Convocada concentración contra o peche de camas da área sanitaria de Vigo

Publicado por o día 13/07/2017 na sección de Eventos,Galicia,Protestas,Sindicatos,Vigo

Convocada concentración contra o peche de camas da área sanitaria de Vigo

Mañá venres día 14 de xullo ás 13 horas a Comisión de Centro CONVOCA unha CONCENTRACIÓN contra o peche de camas na área sanitaria de Vigo.

Este ano, permanecen pechadas 170 camas no Meixoeiro,o que equivale a un 50%  das mesmas e 60 camas no Hospital Alvaro Cunqueiro.

E isto prodúcese cunhas interminables listas de espera cirúrxicas, probas diagnósticas e consultas.