Convocada folga de persoal facultativo para os próximos días 21 e 22 de maio en Vigo

Entre as súas reivindicacións piden un tempo mínimo de consulta de 10 minutos
Publicado por o día 09/05/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

Convocada folga de persoal facultativo para os próximos días 21 e 22 de maio en Vigo

A decisión da convocatoria de folga, tomouse no transcurso da Asemblea realizada dentro do sector da Atención Primaria do EOXI de Vigo o pasado 29 de abril de 2019 no salón de Actos do Colexio de Médicos de Pontevedra sito en Vigo e ratificándose na Asemblea celebrada o pasado día 6 de maio de 2019, no mesmo lugar que a anterior, na que se determina, por votación secreta, os días de convocatoria e reivindicacións que a xustifican.

Esta decisión de folga tómase despois de comprobar da deterioración continuada das condicións laborais dos facultativos dependentes da EOXI de Vigo que, á súa vez, conleva unha deterioración na calidade asistencial.

Na Asemblea valorouse tamén que a politización que se esta realizando dun proceso que non deberia sucitar enfrontamentos políticos senón todo o contrario.

Por todo iso, todos os presentes nesa Asemblea queren realizar esta folga para chegar a unha solucion pactada que non poña remedio á situación, malestar laboral e profesional que afecta ao colectivo implicado nesta convocatoria.

A folga sera os días 21/22 de maio, iniciarase ás oito horas do día 21 de maio e finalizarase ás oito horas do día 23 de maio.

Cabe sinalar que piden a dimisión do xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo, Félix Rubial e tamén entre as súas reivindicacións piden un tempo mínimo de consulta de 10 minutos.