Convocada para este venres unha concentración no Hospital Álvaro Cunqueiro

A xunta de persoal da área sanitaria de Vigo agarda que se acheguen a esta nova xornada reivindicativa que afecta a todos e todas
Publicado por o día 01/12/2016 na sección de Protestas,Sanidad,Vigo

Convocada para este venres unha concentración no Hospital Álvaro Cunqueiro

No día de mañá, día 2 decembro, venres, a XUNTA DE PERSOAL DA ÁREA DE VIGO convoca unha CONCENTRACIÓN no hospital Álvaro Cunqueiro esixindo solucións para o PARKING, a xunta de persoal agarda que os vigueses e viguesas se acheguen ata o complexo hospitalario.

Con esta nova mobilización esixen a construcción de parking no exterior do hospital nos terreos municipais e da Xunta e mentras non estén construidos a gratuidad no parking interior para os usuarios.


Tamén esixiran que o SERGAS e a CONCESIONARIA poñan fín as colas e demoras da primeira hora da mañán pola pésima ubicación das entradas no mesmo. Por iso queren que permitan os traballadores-as aparcar no parking do público donde hai espazos dabondo. Igualmente queren outra entrada mais no parking. A demora no parking repercute nos traballadores e nas traballadoras como tamén na atención o doente.

Tamén esixiran que as multas que estan a percibir os usuarios e usuarias do complexo hospitalario queden sin efecto (algunhas persoas acumulan varias), xa que había por parte do concello un posicionamento público de non retirar nin sancionar os vehículos que non impediran o funcionamente de ambulancias nin autobuses públicos.

Cartaz da concentración

ilcanallarubens_convocatoria-concentracion-hospital-alvaro-cunqueiro_decembro_2016