Convocada nova xornada de folga nos centros de chamadas en Galiza

As perdas salariais acumuladas desde 2009 equivalen a unha paga
Publicado por o día 16/02/2017 na sección de CIG,Empresas,Sindicatos,Vigo

Convocada nova xornada de folga nos centros de chamadas en Galiza

Trancorridos 26 meses desde que venceu o Convenio Estatal de Contact Center e ante o bloqueo por parte da patronal e o inmobilismo do sindicalismo español, a CIG convocou unha nova xornada de folga a nivel galego para o vindeiro día 20 de febreiro, que en empresas como Extel, Atento e Abetne contará ademais co apoio da CGT.

Esta mobilización convócase logo de que nas últimas reunións da mesa do convenio a patronal fixera propostas de suba salarial que suporían unha nova perda de poder adquisitivo.

Neste sentido, desde a CIG-Banca denunciouse que as teleoperadoras acumulan perdas desde 2009 equivalentes a unha paga.

Cálculos realizados co actualizador de rendas oficial do INE

Desde a CIG-Banca denúnciase que a perda pode ser maior, tendo en conta que o IPC de xaneiro de 2017 foi dop 3% a nivel estatal e dun 3,2% en Galiza.

Diante desta situación fa un chamamento a participar na folga do 20 de febreiro e nas concentracións convocadas en Vigo, A Coruña, Lugo e Ourense.