Convocada unha concentración en condena ao xuízo que Marrocos fará contra activistas saharauís

Organizacións sindicais, sociais e políticas chaman a participar nun novo acto solidario o luns 23 en Vigo
Por o 20/01/2017 | Sección: BNG,CC.OO,CIG,En Marea,Esquerda Unida,Partido Popular,Política,Sindicatos,UGT
Convocada unha concentración en condena ao xuízo que Marrocos fará contra activistas saharauís

Diversas organizacións, chaman a participar na concentración solidaria convocada para o vindeiro luns, 23 de xaneiro, diante do MARCO de Vigo, coincidindo co xuízo que o Reino de Marrocos fará contra 24 activistas saharauís. Coa protesta, que comezará ás 12 horas, quérese reclamar tamén a fixación xa dunha data para a celebración do Referendo de Autodeterminación ao que a pobo saharauí ten dereito.

O pasado 26 de decembro realizouse unha primeira concentración en Vigo por este motivo, coincidindo coa data do xuízo, que finalmente foi suspendido até este 23 de xaneiro.

 

Nado en Vigo hai 35 anos. Nacionalista Galego, Fotoxornalista, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.