Convocadas concentracións contra as violencias machistas na Galiza o 11 maio

Publicado por o día 10/05/2017 na sección de Colectivos Feministas,Eventos,Protestas,Social

Convocadas concentracións contra as violencias machistas na Galiza o 11 maio

Dende o feminismo unitario de Vigo, convocamos unha concentración o xoves 11 de maio ás 20.00 h. no Museo MARCO polo asasinato ocorrido en Oza-Cesuras.

Unha vez máis un menor é asasinado nun réxime de visitas, asasinado polo seu proxenitor que xa fora denunciado con anterioridade en dúas ocasións.

Os Xulgados antepoñen os dereitos dos proxenitores aos dereitos das crianzas, cando a única solución sería retirar a patria potestade a todos os condenados por violencia de xénero. Sabemos que as crianzas se convirten nunha ferramenta para seguir exercendo violencia, polo que os Xulgados deben tomar medidas inmediatamente porque é o unico xeito de poñer fin a esta atrocidade tan dolorosa, inxusta e cruel.