Convocan a quinta edición do premio literario ‘Nortear’ para promover a aparición de novos escritores na Eurorrexión

Os candidatos, que optarán a un premio de 2.000 euros, poden presentar as súas obras ata o próximo 28 de xuño de 2019
Por o 29/12/2018 | Sección: Cultura
Convocan a quinta edición do premio literario ‘Nortear’ para promover a aparición de novos escritores na Eurorrexión
Compartir en:

A Xunta de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte (Portugal) e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (AECT) veñen de convocar a quinta edición do premio literario Nortear, que ten entre os seus obxectivos promover a aparición de novos escritores na Eurorrexión.

A iniciativa busca, ademais de descubrir novos talentos, estimular a produción de obras inéditas de ficción, incentivar a creatividade literaria entre a mocidade residente na Eurorrexión e o fomento da circulación e distribución de obras literarias máis aló das fronteiras.

Os candidatos deberán ser residentes no norte de Portugal ou en Galicia, ter entre 16 e 36 anos e presentar obras escritas en portugués ou galego que pertenzan ao xénero do relato curto. Deberán ser remitidas por correo postal á AECT antes do 28 de xuño de 2019.

O premio terá unha dotación económica de 2.000 euros. Ademais, a obra gañadora ten garantida a publicación dun mínimo de 500 exemplares en edición bilingüe, portugués e galego, con editoras do Norte de Portugal e Galicia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.