Convocan no Concello de Vigo unha concentración baixo o eslogan “O concello SÍ ten competencia en Vivenda e Servizos Sociais!”

Comunicado

Estimadas compañeiras,

Vimos de escoitar e ler declaracións mediáticas constantes nas que o concello de Vigo e concelleira de Benestar e alcalde, desmárcanse das competencias en vivenda e servizos sociais alegando que non teñen capacidade de atender estas problemáticas porque non lle corresponden.

Queremos desmentir esta información mediante un acto colectivo no que repetiremos cada un de nós, o artigo da Lei que faculta a esta administración a actuar nestes eidos, amáis confrontar as constantes atribucións locais de prestar unhas axudas antidespexos extraordinarias cando a realidade das mesmas é que son un instrumento insuficiente, puntual e testimonial que non está a paliar a problemática gravísima da cidade.

Acudide coas compas da RSP Vigo e Os Ninguéns a facer contradiscurso e a esixir que este concello tan rico, con superávit millonario, encárguese por fin das persoas dende a primeira porta cidadá e non use este xogo competencial a diario para eludir a súa parte (compartida) de responsabilidade social!

A Lei reguladora de bases de Réxime Local, art 25, punto 1:

*O municipio, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, pode promover actividades e prestar os servicios públicos que contribúan a satisfacer as necesides e aspiraciones da comunidade veciñal nos termos:

2. O municipio exercerá como competencias PROPIAS as seguintes materias:

a) Urbanismo: Promoción e xestión da vivenda de protección pública con criterios de sostenibilidade financeira.

e) EVALUACIÓN E INFORMACIÓN DE SITUACIONES DE NECESIDADE SOCIAL E ATENCIÓN INMEDIATA A PERSOAS EN SITUACIÓN O RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL.

Vinde todas o 19 de setembro ás 11:00h da mañá á Dinoseta!

Cartaz

As declaracións

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (1)
Publicar comentario
  • Gamela

    Haberá que engadir a nova ESTAFA de reducir ao 9% a vivenda protexida no Barrio do Cura!

    Os anuncios do 30% de vivenda protexida quedou polo camiño, Caballero prefire regalar un 21% aos promotores amigos e deixar aos vigueses sen acceso a unha vivenda per sécula seculorum!

    https://elpais.com/Comentario/1568709475-bad3bd9017a6586fd41e0010c5393baa