Convocan unha concentración o martes 13 ás 11 horas no Hospital do Meixoeiro

Publicado por o día 11/12/2016 na sección de Protestas,Sanidad,Sindicatos,Vigo

Convocan unha concentración o martes 13 ás 11 horas no Hospital do Meixoeiro

A xunta de persoal da área sanitaria de Vigo, ven a convocar unha CONCENTRACIÓN o vindeiro martes 13 ás 11 horas no HOSPITAL DO MEIXOEIRO.

A Xunta de Persoal DENUNCIA o peche de camas no hospital, varios meses despois de rematar o verán, e con problemas nas urxencias en parte por non ter camas libres.

Demanda a necesidade de potenciar unha UNIDADE DE CRÍTICOS que permita millorar sustancialmente a súa capacidade cirúrxica.

Hai que lembrar que na campaña das elección autonómicas do 25 de setembro, o conselleiro Vázquez Almuiña en reunión coa Xunta de Persoal, comprometeuse a fortalecer o Hospital do Meixoeiro e tamén a súa capacidade cirúrxica. Parece que as promesas sobre o Meixoeiro do sr. Almuiña, teñen o mesmo crédito que as do sr.Núñez Feijoó sobre a construcción de barcos por parte de PEMEX en Vigo e Ferrol, din desde a xunta de persoal.

Cartaz da concentración