Convocan unha concentración polo 3º aniversario polo peche do local de SEREOS

Os Ninguéns e a Rede Solidaria Popular convocan para esta tarde (19.30 horas) na praza dá Princesa unha concentración coincidindo co terceiro aniversario do peche de Sereos
Publicado por o día 01/08/2016 na sección de Os Ninguéns,Protestas,RSP,Social,Vigo

Convocan unha concentración polo 3º aniversario polo peche do local de SEREOS

Os Ninguéns e a Rede Solidaria Popular convocan para esta tarde (19.30 horas) na praza dá Princesa unha concentración coincidindo co terceiro aniversario do peche de Sereos no local municipal de Elduayen. Os participantes reivindicarán a importancia do traballo deste servizo e a necesidade da súa reapertura. Tamén lembrarán a Pablo Villamil, usuario de Sereos recentemente falecido e membro do desaparecido grupo Imán-Cedro.

Fagamos un pouco de memoria

Facendo a renovación da praza de Argüelles se elimino o programa Sereos, un programa municipal que atende a persoas pobres, enfermas e con adiccións, dende agosto de 2013 carece o devandito programa dunha sede física, estes empezaron a ser atendidos nunha furgoneta e logo foi substituída por un autobús.

Este cambio feito polo concello é un paso para atrás para a recuperación deste colectivo social que actualmente levan 20 meses sen unha sede física e o alcalde Abel Caballero como a concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, expresaron de forma reiterada a súa intención de substituír por outra a sede pechada do centro da cidade.

Mentres que no pleno do 27 de outubro de 2014 o concello recoñecía a urxencia e a necesidade de aumentar os recursos humanos e orzamentarios para asuntos sociais, o comunicado naquel pleno foi riscado de electoralismo, o domingo 10 de maio do 2015 informaba LA VOZ DE GALICIA que os 16 traballadores que prometeu o alcalde seguen sen incorporarse ao departamento de Benestar e o conflito co equipo recrúase, o cheque social, programa estrela do goberno local con 2 millóns de euros destinados a axudas de emerxencia para o pagamento de aluguer, recibos de enerxía e alimentos de miles de familias, está aparcado, o conflito coas ao redor de 50 traballadoras do equipo é un dos motivos do atraso. Dende hai un ano intentan que o goberno de Abel Caballero resolva o atoamento existente, que mantén paralizados miles de expedientes e que atrasa a citas urxentes ata 40 e 50 días. O bloqueo ten dos nervios as empregadas públicas e somete ás 17 traballadoras sociais, as máis afectadas, a un nivel de estrés que tivo o seu reflexo nunha cadea de baixas. Obviamente, as baixas atascan aínda máis o funcionamento do departamento, clave en tempos de crise.

O goberno local antepón os seus intereses electorais ao benestar e á calidade da atención das persoas enfermas e pobres que seguen «sinaladas, estigmatizadas e humilladas» cousa que levan denunciando os movementos sociais da cidade e ata as traballadoras Benestar Social.

Un dos colectivos da cidade de Vigo, o colectivo IMAN declarou por aquel entón do 2013 persoas non gratas ao alcalde e á concelleira de Benestar Social, este nomeamento foi nun acto celebrado ante o Concello no que se leu un manifesto con varias denuncias e peticións. Entre elas incluíron a reforma do departamento da concelleira Isaura Abelairas coa substitución das actuais unidades de traballo social por outras interdisciplinarias de intervención social, así como a ampliación de recursos e un novo local, local digno e estable, para o desenvolvemento do programa Sereos cousa que na actualidade brilla pola súa ausencia, a ditas persoas as atenden nun autobus, despois de que Isaura fixera varios anuncios de que xa tiñan local e xa van 3 anos sen local sendo atendidas as persoas nunhas condicions non optimas.