Convocan unha nova concentración no centro de saúde do Porriño

Publicado por o día 27/08/2019 na sección de Galicia,O Porriño,Protestas,Sanidad

Convocan unha nova concentración no centro de saúde do Porriño

Este vindeiro xoves, 29 de agosto ás 20.00 horas EU SON do Porriño convoca a concentración mensual por unha “Sanidade digna para o Porriño” (ampliación, máis persoal, dotacións e servizos). Comezamos vai xa par dous anos xuntándonos coa veciñanza todos os últimos xoves de mes e despois apoiando tamén semanalmente (xoves ás 18.00) ao persoal do Centro de Saúde. E non imos parar xa que, aínda que saíra por fin a concurso a redacción do proxecto de ampliación, no que ademáis non está previsto un servizo de radioloxía, este primeiro paso da Consellería de Sanidade vén forzado só pola constancia de veciños e veciñas.

Esiximos os nosos dereitos, non pedimos favores. Hai xa máis de oito anos que o Concello puxo a disposición a parcela para a ampliación e o Conselleiro xa foi interpelado enoitas ocasión pola deputada autonómica de Esquerda Unida Eva Solla sobre a nosa situación. A nivel municipal o grupo do Partido Popular ata negou que houbera ningún tipo de problema coa atención sanitaria no Porriño. Só o grupo municipal socialista nos acompañou na anterior concentración e nalgunha outra.

Consideramos vergoñenta a escenificación hai uns días do éxito na reunión de D. Alejandro Lorenzo co Conselleiro. Anuciaban a inminente licitación do proxecto de ampliación do Centro de Saúde e queixábanse dunha xestión pendiente por parte do Concello. O voceiro do grupo municipal popular non nos trouxo ningún regalo de Compostela porque o seu partido nunca moveu un dedo nesta demanda de anos, simplemente porque non tiñan queixa. Agora coas eleccións autonómicas no prazo dun ano ou antes, aproveitan para vender a xenerosidade do Conselleiro e grazas a pretendida influencia do seu concelleiro.

Precisamente por todo o exposto esta loita seguirá viva ata que non teñamos rematada a ampliación do centro que cubra as nosas necesidades e no que o persoal sanitario traballe en condicións dignas.