A xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis e de Chapela, acaba de anunciar a a entrega no rexistro do edificio administrativo da Xunta en Vigo, dun escrito dirixido ao Ministro de Fomento, solicitando a convocatoria urxente da comisión bilateral de seguimento da AP-9, da que forma parte o Ministerio de Fomento e a Consellaría de Infraestruturas,mañá martes 25 de setembro ás 10:30 horas, no edificio administrativo da Xunta de Galiza en Vigo.
Nesta comisión bilateral de seguimento, queremos que se trate, a conversión da autoestrada AP-9 en urbana desde Padín ao centro con acesos, eliminación da peaxe no tramo Rande-Vigo e medidas contra o ruído.
Ademais ao remate deste acto, haberá declaracións de directivos de ambas asociacións, para convocar publicamente a convocatoria da manifestación do sábado 29 de setembro ás 19:00 horas, desde a rotonda de Padín en Teis.